Tradutor.

xoves, 15 de decembro de 2016

....cousas de abellas....

Esta semana estivemos vendo como son os "panais" que colocan os "apicultores" para que as abellas fagan ese delicado manxar que é o mel.

....futuros Artistas....

Como saberedes " mamás e papás" estamos preparando para o festival de fin de Curso unha obra de teatro moi divertida. Estes días estivemos ultimando o noso vestiario.

...e xa chegou o Nadal...

Un anos máis o " Belén " dos nenos do Ceip de Maceda xa luce na entrada.

sábado, 3 de decembro de 2016

Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Minas de Wolframio de Baldrey.

Martín foi esta semana , co seu pai, ata as minas de Wolframio de Baldrey. Trouxo unha mostra deste mineral e estívonos contando cousas acerca da utilización do mesmo, así como curiosidades da mina e do pobo de Baldrey, o primeiro en ter luz eléctrica no val de Maceda.
Despois da súa explicación vimos partes do documental " Lobos Sucios" rodado nas minas de Wolframio de Casaio no que se conta como era a explotación da mesma, naqueles tempos díficiles.

Repaso do Corpo Humano.

Esta semana Elena trouxo un libro e nos estivo explicando cousiñas dos músculos, osos etc etc. Moitas grazas Elena.

domingo, 13 de novembro de 2016

...recordos...

Esta semana ,Martín , trouxo unhas fotos que fixo na excursión "As Cíes" do curso pasado e llas estivo ensinando a tódolos compañeiros...... Está é unha pequena mosta. Moitas Grazas Martín.

martes, 8 de novembro de 2016

...e seguimos de cumples.... esta vez por duplicado.

O pasado venres volvimos estar de festa. Esta vez foron Xiana e Candela as que estiveron de aniversario. Parabéns mozas.

martes, 1 de novembro de 2016

....e outro máis...menudo día de samaín...

Este venres celebramos o aniversario de Raúl da forma máis terrorífica.... PARABÉNS RAÚL...

mércores, 26 de outubro de 2016

Samaín.

Como seguramente saberedes durante esta semana estivemos traballando a festividade do " Samaín" na escola. Neste video explícase un pouquiño a orixe desta festa.

Vídeo didáctico sobre o Samaín con música de Mamá Cabra from Falamelide TV on Vimeo.

domingo, 23 de outubro de 2016

Día das Bibliotecas.

O Luns 24 de Outubro celebramos no centro o día as Bibliotecas, cada curso fixemos un mural. Este é o noso.

...estamos de cumpleeeee...

Este venres 21 de Outubro celebramos o primeiro cumple deste curso...moitas felicidades Mario.