Tradutor.

xoves, 2 de novembro de 2017

Samaín 2017

Un curso máis pasou o Samaín e os nosos nenos/as volveron a demostrar os "artistas " que son.



luns, 18 de setembro de 2017

luns, 11 de setembro de 2017

Comeza o curso e con el novos "amigos."

Xa pasou o verán e chega un novo curso, neste caso con cambio de rapaces. Temos a sorte  de que ir a traballar supón ir a disfrutar un montón e moitos deses momentos plasmarémolos aquí.
Despedímonos dos nenos de 2º e dámoslle a benvida os de 1º.

mércores, 24 de maio de 2017

Excursión 2017

Querid@s amig@s que ben o pasamos, escalamos, disfrutamos de xogos na natureza e quedáronnos gañas de repetir.

PD: Xa sabedes que se queredes as fotos e o vídeo con calidade só tedes que traer un "pen" o cole.





domingo, 14 de maio de 2017

Snappet.

Durante a semana pasada e esta que comenzamos estivemos probando na clase un método de aprendizaxe baseado no uso das "Tablet". Non é un método sustitutivo do libro de texto senón que é un reforzo das actividades que traballamos no mesmo. Tedes máis información   no seguinte enlace."Snappet"









xoves, 30 de marzo de 2017

celebración do día da árbore.

Co motivo da celebración do día da árbore no cole estivemos traballando, durante toda a semana, unha historia relacionada cunha fraga e logo o venres plantamos un castiñeiro no patio do colexio que ten de nome "Croque"

venres, 3 de marzo de 2017

Entroido 2017 Maceda

...un ano máis xa rematou o entroido... no  cole pasámolo moi ben, fixemos as nosas "caretas"lanzamos as olas e botamos unhas carreiras antes de desfilar polo pobo.



luns, 30 de xaneiro de 2017

Día da Paz.

Unha pequena mostra da nosa coreografía.

Montaxe en Cadea.

Estes días , en ciencias sociais , estamos traballando o tema das profesións. Hoxe falamos do traballo nas fábricas e do traballo en serie. Vimos varios vídeos explicativos e este foi un dos que máis lle gustou.

venres, 27 de xaneiro de 2017

Día da Paz.

Co motivo da celebración do Día da Paz , o próximo luns día 30 temos pensado facer un baile coa canción de Alvaro Soler "Bajo el mismo Sol" Tamén fixemos unhas viseras moi chulas.

luns, 23 de xaneiro de 2017

A canción dos oficios.

No tema de Sociais estamos traballando os oficios.... e recordamos ( jeje os máis maiores)  esta canción.

xoves, 19 de xaneiro de 2017

martes, 17 de xaneiro de 2017

Os ecosistemas.





Traballando na clase o tema dos " ecosistemas" vimos este video que lles gustou moito ós nenos.

Rosalía de Castro: Adios Ríos, Adios Fontes

En lingua , traballando os adxectivos, leemos un pequeno verso de Rosalía...falamos do sígnificado do poema e do momento da vida da escritora no que foi escrito.