Tradutor.

mércores, 27 de maio de 2020

HORARIO DE ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO NO CENTRO.

Boas familias!!!
Este é o horario para entregar os libros de texto no centro. Se alguén non pode ese día ou a esa hora  que me avise e intentamos arranxalo.

martes, 26 de maio de 2020

CADERNO DE CAMPO.

Gran traballo  de observación dos alumnos de 3º durante esta fin de semana.












Vida no Rural.


Páxinas 73 e 74.

Despois de ler estas dúas páxinas (primeiro en voz baixa e logo en alto) faremos unha pequena redacción na que responderemos as seguintes preguntas:

- Vantaxes de vivir nas Aldeas e nas cidades.
- Inconvintes de vivir nas Aldeas e nas cidades.
- Profesións que podemos facer nas aldeas e nas cidades.
- Que faríades vós para mellorar a vida no rural.

CIRCUITO MATEMÁTICO.



Crucigrama matemático

venres, 22 de maio de 2020

REPASO MATEMÁTICAS

BOAS.... XA SABEDES PÓDESE FACER ONLINE OU COPIALO NA LIBRETA , COMO PREFIRADES.

Cálculo de las cuatro operaciones 1

CADERNO DE CAMPO.

PARA ESTA FIN DE SEMANA PROPÓÑOVOS ESTA ACTIVIDADE.
Nnha libreta podedes facer unhas taboas como estas e logo elexir unha planta ou animal que vexades e buscar estes datos.

mércores, 20 de maio de 2020

DIVISIONES POR UNA CIFRA.



División por una cifra-2

3. QUE FACER PARA TER BOA SAÚDE.4 PREVENCIÓN DE ACCIDENTES.


Despois de ler( EN VOZ ALTA, aos papás, mamás a un irmán etc etc)  a lección faremos os exercícios da pax 37 o Ex 3. ( Do libro.)
ONLINE : EXERCÍCIOS 30 ,31.


RECORDADE. LER EN VOZ ALTA, como se lle estivérades explicando a lección a os vosos país.
Exercícios : Pax 38 ex 1, 2 do libro.
ONLINE 38,39.

xoves, 14 de maio de 2020

ACTIVIDADES MATEMÁTICAS.


Respasamos as táboas do 4 e do 5. Os exercícios os podedes facer online ou quen o prefira facelos na libreta.
Exercícios online: 29,30,31,32.
Exercícios libro texto: Pax 60 ex 21,22,23,24. REPITO... se os facedes online non fai falla facelos escritos.

Exercícios online: 36,37,38,39.
Exercícios libro de texto. Pax 61 Ex 28,29,30,31.


mércores, 13 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020. RICARDO CARVALHO CALERO. LINGUA GALEGA.

Bo día familias. Co motivo da celebracíon das Letras Galegas este 17 de Maio, propoño a seguinte actividade para que fagades e investiguedes "en Familia" Ricardo Carvalho Calero foi un escritor e estudioso da nosa cultura.
 Con este motivo propoño que os nen@s se saquen unha foto cun obxeto ( ferramentas de labranza,transporte, de medida, etc etc) construccións típicas galegas (horreos, palleiras etc etc ) e que escriban unha pequena descripción de dito obxeto e se é unha construcción , onde se atopa. Temos de prazo ata o próximo luns e coas fotos enviadadas faremos un pequeno colage que poremos nas páxinas do Centro. Aquí tedes un pequeno resumo da vida do Autor homenaxeado este ano.

ACTIVIDADES DE PLÁSTICA.

A profe Silvia coméntame, que como actividade de plástica, tedes que facer un debuxo para MAGALY con algún mensaxe en Inglés.
Logo podedes mandarme unha foto do debuxo na que saiades vos tamén.
Máis INFORMACIÓN na web do cole.

luns, 11 de maio de 2020

DIVISIÓNS.

Facer as seguintes división con proba, despois ordenar os resultados de menor a maior.( Xa sabedes a boca cómese o número máis grande.)

COIDAMOS O NOSO CORPO.

Bo día familias. Como recomendacións para traballar estes días propoño a lectura dos apartados 1 "A saúde" e 2 " Prevención e Cura das Enfermidades" do tema 3 de Ciencias Naturais "Coidamos o noso corpo"

....CONTINUAR LENDO NO LIBRO....
...CONTINUAR LENDO NO LIBRO...

Despois da lectura de estes apartados  teñen que facer unha pequena redacción tratando o seguintes puntos:
- Aspectos a ter en conta (prevención e coidados) na nosa vida cotiá no momento actual.
- Como pensamos que vai ser o regreso a escola. (Coidados, relación cos compañeiros, mestr@s etc etc) 
- O final da redacción facer un debuxo que reflexe o exposto na redacción.



venres, 8 de maio de 2020

MAIOS 2020



Traballos dos nen@s do cole co motivo da celebración dos Maios 2020.


O Doble, triple e multiplicacións por decenas.



Repasar os doble e o triple dun número.
Os exercícios poden facerse online ou na libreta.
Pax 59 exercícios 16,17,18,19.


O mesmo. Os exercícios poden facerse online ou na libreta.
Pax 63 Ex 41,42,46,47.

Actividades Ciencias Sociais.


Lectura da lección. 1 Convivir en familia. Apartados 1, 2,3. 
Exercícios: Páxina 68 Ex 1,2,3. Páxina 69  Ex 5,6,7.



mércores, 6 de maio de 2020

Comprensión lectora.


Xogamos aos "Barcos"

Durante o curso estivemos xogando aos "Barcos" . Con este xogo iniciámonos no emprego dos "eixes de coordenadas" e dicir colocar figuras nun plano tendo en conta dous números, ou números e letras.
Eles xa saben como teñen que facer . Recordarlle que , por exemplo, os navegadores que temos nos coches e nos móbiles funcionan de esta forma.( Os mapas que teñen nas súas memorias estan divididos en cuadrículas numeradas.)

Actividades que teñen que facer:
 Pax 49 exercícios 36 e 39. ( Poden facelos na libreta ou online.)

luns, 4 de maio de 2020

La prueba de la resta.

Actividades recomendadas de matématicas.
Repasar la prueba de la resta y hacer estas operaciones con la prueba.

Actividades Ciencias Sociais.

Bo día familias!!!
Para este inicio de semana propóñovos esta actividade de Ciencias Sociais.
Que lean a lectura : A escola de Sibusiso (Tema 5 ) e logo que fagan os exercicios de comprensión da mesma.
Os exercícios que recomendo son os da :
Pax 67  ex 3,4,5,6, 7 e 8.
Son moi sinxelos. Deben facelos despois de ler o texto e a hora de contestar poden mirar outra vez pola lectura se non saben a resposta.
Exercício 7: Dí que teñen que escribir un pequeno conto , despois que se graven falando e me envíen o audio.
O 8 pódese facer online. Máis abaixo deixo o libro dixital de C Sociais.


                                                                   LIBRO DIXITAL.