Tradutor.

mércores, 12 de febreiro de 2020

Celebración Día da Paz.

O Pasado 30 de Xaneiro Celebramos o Día da Paz e a Non Violencia no noso cole. Elaboramos unhas mans nas que puxemos un "mensaxe da paz". Tamén bailamos e cantamos unha canción que estivemos ensaiando coa mestra de Inglés.

mércores, 29 de xaneiro de 2020

Cross Monterrei





O Venres pasado, os nenos do noso cole, fumos correr a Monterrei. Pasámolo moi ben e quedemos con gañas de repetir.





martes, 14 de xaneiro de 2020

Contacontos na escola.

Esta semana estivo na nosa escola a contacontos " Sabela Gago" onde nos contou unha historia moi entretida dunha nena que tiña moitos medos e foi capaz de superalos es ser feliz. Pasámolo pipa!!!!

The Windmill Farmer



Estivemos falando e ecoloxía e do coidado do noso medio. Entre outros vimos este curto para reflexionar sobre o tema.



Os nenos " Brillantes."

martes, 3 de decembro de 2019

Magosto2019

O final, despois de moito esperar, celebramos o Magosto. Non puido ser fora coma outros anos pero pasámolo moi ben.





Adornos de Nadal.

Esta semana comezamos a preparar os adornos de Nadal. Este ano son cousas moi complicadas que precisan de traballo en equipo e unha gran coodinación.Tamén entre todos decoramos a porta da nosa clase. Pensamos que o cole vai quedar moi chulo.