Tradutor.

mércores, 26 de outubro de 2016

Samaín.

Como seguramente saberedes durante esta semana estivemos traballando a festividade do " Samaín" na escola. Neste video explícase un pouquiño a orixe desta festa.

Vídeo didáctico sobre o Samaín con música de Mamá Cabra from Falamelide TV on Vimeo.

domingo, 23 de outubro de 2016

Día das Bibliotecas.

O Luns 24 de Outubro celebramos no centro o día as Bibliotecas, cada curso fixemos un mural. Este é o noso.

...estamos de cumpleeeee...

Este venres 21 de Outubro celebramos o primeiro cumple deste curso...moitas felicidades Mario.

mércores, 19 de outubro de 2016

Osos , músculos e articulacións.

Durante esta semana, en ciencias naturais, repasamos os osos, músculos e articulacións máis importantes.

martes, 18 de outubro de 2016

xoves, 13 de outubro de 2016

Dereitos do Neno.

Na lectura de hoxe traballamos os Dereitos fundamentais dos Nenos , así coma os nosos deberes.
 A Declaración aprobada en 1959 consta de 10 artigos sendo o seu contido fundamentalmente o seguinte:
Artigo 1 Non discriminación por motivos de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión, políticas ou de outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou outra condición.
 Artigo 2 O neno gozará dunha protección especial.
 Artigo 3 Dereito ao nome e á nacionalidade desde o nacemento.
 Artigo 4 Dereito aos beneficios da Seguridade Social .
Artigo 5 Os nenos impedidos física ou mentalmente recibirán os coidados e axudas que precisen .Artigo 6 O neno precisa amor e comprensión, e non debe ser alonxado da súa nai, salvo circunstancias excepcionais.
 Artigo 7 Dereito á educación gratuita e obligatoria nas etapas elementais.
 Artigo 8 Prioridade do neno en obter protección e socorr.
o Artigo 9 Protección contra toda forma de crueldade, abandono e explotación.
Artigo 10 Protección contra a discriminación racial, relixiosa ou doutra índole.

xoves, 6 de outubro de 2016

D. Xosé Neira Vilas

Como xa falamos na clase un dos escritores máis ilustres da nosa lingua , o seu libro " Memorias dun neno Labrego" é o libro máis lido en Galego.
Estivo casado con " Anisia Miranda" escritora tamén. Comentar que o grupo de Teatro do instituto da Pobra de Trives leva o nome da súa muller.
Fai uns anos tiven a sorte de estar nunha charla del e transmitía unha sabiduría popular incrible.
O próximo 27 de Novembro fará un ano do seu falecemento.
Neste video fálanos un pouco de "Balbino" aquel neno Labrego.

Gres e Neira Vilas.

Este segundo tema empeza cunha pequena descripción do lugar onde naceu un dos escritores máis ilustres da nosa Língua D. Xosé Neira Vilas.

Gres e Neira Vilas from Anaya Educación on Vimeo.

martes, 4 de outubro de 2016