Tradutor.

xoves, 13 de outubro de 2016

Dereitos do Neno.

Na lectura de hoxe traballamos os Dereitos fundamentais dos Nenos , así coma os nosos deberes.
 A Declaración aprobada en 1959 consta de 10 artigos sendo o seu contido fundamentalmente o seguinte:
Artigo 1 Non discriminación por motivos de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión, políticas ou de outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou outra condición.
 Artigo 2 O neno gozará dunha protección especial.
 Artigo 3 Dereito ao nome e á nacionalidade desde o nacemento.
 Artigo 4 Dereito aos beneficios da Seguridade Social .
Artigo 5 Os nenos impedidos física ou mentalmente recibirán os coidados e axudas que precisen .Artigo 6 O neno precisa amor e comprensión, e non debe ser alonxado da súa nai, salvo circunstancias excepcionais.
 Artigo 7 Dereito á educación gratuita e obligatoria nas etapas elementais.
 Artigo 8 Prioridade do neno en obter protección e socorr.
o Artigo 9 Protección contra toda forma de crueldade, abandono e explotación.
Artigo 10 Protección contra a discriminación racial, relixiosa ou doutra índole.

Ningún comentario:

Publicar un comentario