Tradutor.

xoves, 30 de abril de 2020

Festa dos Maios.

Festa dos Maios en Familia.!!

Bo día familias!!! Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega proponse, como actividade( NON OBRIGATORIA) para esta fin de semana a elaboración de pequenos "Maios" ou de coplas. A intención é que sexa unha actividade familiar na que participen todos.
Os Maios poderán ser feitos empregando distintas técnicas: Debuxados nun folio e decorados ou elaborando  pequenas construccións(se empregamos un cono feito con carton ou papel  de base  resultaranos sinxelo)  adornadas  con flores, ramas, follas (  recollidas aproveitando que podemos sair a dar un paseo).
Tamén podemos facer unhas pequenas coplas (dúas estrofas de catro versos)
Ao rematar ,cada neno pode enviar unha foto d@ nen@ co seu Maio que será compartida na páxina web do centro e no blog do EDLG.
A data límite de recollida das fotos sería o próximo mércores día 6.
Animádevos!!!!!!!

No seguinte enlace tedes moita máis información:
FESTA DOS MAIOS.

mércores, 29 de abril de 2020

Experimentos Caseiros.

Actividade para facer en familia.


Actividades Cuarentena.

Bo día familias. Que tal todo.?
Estas son as actividades que recomendo para os próximos días.
Recordade non fai falla que se fagan todas o mesmo día. Son exercícios de repaso RECOMENDADOS  pero NON OBRIGATORIOS.
 Imos empezar a traballar sobre os libros de texto que se entregaron  nas casas pero tamén tedes a opción de facer  algúns exercícios "online" . Como dígo son actividades que xa practicaron ou fixeron,  polo que os nen@s non deberían ter problemas a hora de facelas sós.

Pax 80 actividades 7 e 9 esta última pódese facen online.
Pax 81 actividade 13.(Libro de Lengua.)

Pax 34 Actividades 21,22,23.( Libro matemáticas ou online.)

Libro Dixital. Ciencias Naturais 3º.

                                                                   LIBRO DIXITAL

Libro Dixital. Lengua Castellana 3º.

                                                                       LIBRO DIXITAL

luns, 27 de abril de 2020

Diario da Cuarentena.

Como recordaredes, no principio da Cuarentena, recomendeille aos nen@s facer un pequeno diario onde ir contando, de forma sinxela, o seu día a día.
Unha cousa moi interesante para reflexar neste diario sería como se sentiron neste primeiro "paseo" despois de 40 días de confinamento. Poden reflexar que fixeron a onde foron e con quen... e logo facer un pequeno debuxo.

Libro dixital. Matemáticas 3º.

Durante o curso , cando os nenos van rematando , as veces facemos exercícios interactivos como estes. Podedes empezar facendo os do tema 3. Sumas. 
Se tedes algunha dúbida enviádeme unha mensaxe e xa vós chamo.

Problemas sinxelos de matemáticas.

Os nen@s poden copiar os ingredientes e logo as preguntas. Son moi sinxelas e non deberían ter problemas a hora de facelos.
Recordade non é preciso imprimilos.
Podedes empregar os problemas para prácticar o ditado , revisando que estén ben copiados os enunciados.

Comprensión lectora. Lengua.

Bo día familias.
As recomendacións para a realización de esta ficha son as seguintes:
- Que os nenos/as copien os enunciados na libreta e logo vaian respondendo fixándose na fotografía.
- Poden facer un debuxo ao rematar.


Comprensión Lectora . Lingua Galega.

Bo día familias.
Mándovos unha nova ficha de comprensión lectora. Recordade que todo o traballo que se vos envía non é OBRIGATORIO é ACONSELLABLE. .
A miña recomendación é que copien os enunciados intentando facer moi boa letra.
Podedes aproveitar e facer un dítado da lectura, pode ser papá, mamá ou un irmán maior o que lea a ficha a través do móbil, tablet, ordenador etc... e o neno/a que o copie antes de responder ás preguntas.

xoves, 23 de abril de 2020

Día do Libro.

Bo día familias. Hoxe celébrase o día do Libro e como actividade RECOMENDADA  que non OBRIGATORIA ,propóñovos ver este video acerca de Don Quijote de la Mancha, un dos libros máis traducidos do planeta. Logo podedes facer un debuxo sobre a historia e mandarmo.
Bicos e un saúdo.

martes, 21 de abril de 2020

Repaso sumas e restas.

Hoxe toca repasar sumas e restas con levadas.
Non temos que facelas todas de golpe.


Comprensións Lectoras.(Ditado). Galego.

Na seguinte ficha , imos a traballar tamén o Ditado. Teñe que leelo unha vez en voz baixa e logo sodes vós os que lle ides lendo a lectura e eles escribindo. Despois eles corrixen os erros e xa responden ás preguntas. Levan moito tempo facendo esta rutina e xa saben como facer.
Se tedes algunha dúbida , avisade.





Esquema animais vertebrados e invertebrados.

Boas familias. Que tal todo? Nas entradas anteriores puxen uns videos moi interesantes para que os nenos repasen os animais vertebrados e invertebrados.
Despois poden facer un esquema , ampliando con cousas que eles saiban, e decorandoo.
REPITO,  este traballo non é OBRIGATORIO é RECOMENDABLE , sei que hai familias que están traballando e non quero que o facer estas actividades sexa unha causa de tensión e enfados cos nenos.
Para calquera aclaración non dubidedes en preguntarme.

Animales Invertebrados .

Animales Vertebrados |

venres, 17 de abril de 2020

Actividades Repaso. Divisións .

Boas familias. Mandovos outra ficha para repasar as divisións e a captura onde de explica de forma sinxela a forma de facelas.
Se teñen algunha dúbida mandádeme unha mensaxe e falamos. Non teñen que facelas todas durante a fin de semana. Dúas ou tres por día está ben, deberían facer a proba para comprobar se están ben feitas.


mércores, 15 de abril de 2020

Repaso multiplicacións.

Unhas contiñas para repasar as multiplicacións.
ATENCIÓN: Recordade que cando multiplicamos o segundo número (Decenas) temos que deixar un espacio a hora de  colocar os números.

Repaso dos tempos verbais.

Durante o segundo trimestre estivemos traballando os tempos verbais. Fixemos varios exercícios orais e escritos  para traballar o pasado, presente e futuro.
Propóñovos esta ficha de repaso moi sinxela. NON FAI FALLA IMPRIMILA.

martes, 14 de abril de 2020

Actividades de Inglés.

Actividades e recomendacións da profe Silvia para os nenos de 3º.
                                                           Actividades Inglés.

Televinte. Telexornal dos nenos de 3º.



Telexornal feito polos alumnos de 3º no que foron partícipes de todo o proceso, elaboración de guíons, escenarios, gravacións e edición do material. Pasámolo moi ben e esperamos que vos guste.

Comentar que non o puxemos antes no blog, xa que con este video participábamos nun concurso escolar e era requisito non telo publicado en ningures. Como por desgraza o concurso non creo que teña lugar  decidimos  ensinarllo ás familias.

Espero que sexa do voso agrado.


luns, 13 de abril de 2020

Comprensión lectora en Galego.

Estes textos que vos envío son moi curtiños. Podedes leelos polo móbil e logo contestar as preguntas na libreta.
A hora de respostar tedes que fixarvos moi ben no que escribides.

Repaso Matemáticas.

Un par de fichas de repaso de exercícios moi sinxelos.


La atmósfera



Bo día amigos. Para iniciar esta semana propóñovos repasar as partes da atmósfera. Podedes ver este vídeo e logo facer un esquema como o que aparece máis abaixo. Xa sabedes que os esquemas hai que  decoralos, con debuxos relacionados co tema, como prefirades.






mércores, 8 de abril de 2020

Debuxos Quiver.

Deixovos máis debuxo de QUIVER  por que sequeres facer algún estes días.



Actividades para a Semana Santa.

Nos últimos días de clases , estivemos falando de facer un pequeno semillero con lentellas, fabas e garavanzos.
No puido ser pero penso que agora pode ser unha actividade interesante para realizar cos nenos estes días. 
Aquí tedes un enlace onde se explica de forma moi clariña.
                                                       Semilleiros en macetas recicladas.

venres, 3 de abril de 2020

Repaso Divisións.

Repaso de  como facemos as divisións.
Non é preciso facelas todas o mesmo día.
Recordade, se temos un cero no dividendo e no divisor  no lugar das unidades podemos tachar os dous.
Se tedes algunha dúbida avisádeme.!!!


xoves, 2 de abril de 2020

Fichas de matemáticas.

Un par de fichas de matemáticas moi sinxelas para repasar.
Ademáis como vos comentei polo whatsapp poden facer unha redacción acerca dunha excursión coa familia ou cos compañeiros.