Tradutor.

xoves, 30 de abril de 2020

Festa dos Maios.

Festa dos Maios en Familia.!!

Bo día familias!!! Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega proponse, como actividade( NON OBRIGATORIA) para esta fin de semana a elaboración de pequenos "Maios" ou de coplas. A intención é que sexa unha actividade familiar na que participen todos.
Os Maios poderán ser feitos empregando distintas técnicas: Debuxados nun folio e decorados ou elaborando  pequenas construccións(se empregamos un cono feito con carton ou papel  de base  resultaranos sinxelo)  adornadas  con flores, ramas, follas (  recollidas aproveitando que podemos sair a dar un paseo).
Tamén podemos facer unhas pequenas coplas (dúas estrofas de catro versos)
Ao rematar ,cada neno pode enviar unha foto d@ nen@ co seu Maio que será compartida na páxina web do centro e no blog do EDLG.
A data límite de recollida das fotos sería o próximo mércores día 6.
Animádevos!!!!!!!

No seguinte enlace tedes moita máis información:
FESTA DOS MAIOS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario