Tradutor.

martes, 31 de marzo de 2020

Lecturas comprensivas.

Pequenas lecturas comprensivas recomendadas pola profe María .
Non é necesario imprimilas, podedes leelas polo blog e responder nunha libreta.
Lecturas comprensivas , profe Maria.(apoio)

Máis postres.!!!

Outro postre feitos polos nosos compañeiros, que boa pinta ten.



Que ricooooooo!!!!!

Bo día. Este fin de semana tivemos uns compañerios que estivero facendo uns postres riquísimos.
Tamén nos enviaron a receita por se queremos facelos tamén na nosa casa.
Todos uns reposteiros!!!

luns, 30 de marzo de 2020

Matemáticas.

Fichas de repaso.
Non é preciso imprimilas.
Poden copiar os cadros na libreta.


Lecturas Comprensivas.

Como xa vos enviei polo grupo , estas són un par de lecturas para que fagan os nenos.
Non é preciso imprimilas, que copien as preguntas e respondan na libreta. Os textos son curtos e poden leelos a través do móbil.

Que fagan unha por día.




mércores, 25 de marzo de 2020

EL SECTOR TERCIARIO.

EL SECTOR SECUNDARIO

EL SECTOR PRIMARIO. El trabajo y su clasificación.




No último mes empezabamos a repasar os sectores de producción, digo repasar porque xa os estudiamos en 2º. Estes videos son moi entretidos explican moi ben cada un deles.

Debuxos 3D

Bo día.
Nalgunha actividade que temos feito ao longo do curso empregamos unha aplicación para os móbiles que se chama "Quiver".
 Se tedes posibilidade e podedes imprimir estes debuxos e logo descargades a aplicación eles saben como funciona. Gústalles un montón.
Puxén dous, un dun volcan e outro dun mapamundi.

Debuxos Quiver.


martes, 24 de marzo de 2020

Esquemas " Os seres Vivos e Coidamos o noso Corpo"

Sempre que rematamos unha unidade facemos un esquema da mesma que os nenos decoran despois e logo memorizan.
Para estes días poden facer o esquema dos "Seres Vivos" e de "Coidamos o noso Corpo."
Eles xa saben como é a rutina.




luns, 23 de marzo de 2020

EL JUEGO DEL CORONAVIRUS PARA NIÑOS.

Programas educativos


Programación especial da TVE para reforzar contidos durante a cuarentena,tamén na TVG2 en horario de 9:30 a 13:30.


Novas!!!

Estimadas familias.
Como xa vos enteraríades o estado de cuarentena vaise prolongar durante  dúas semanas máis.  
En esta situación vémonos na necesidade de crear unha conexión entre as familias e o mestre que ata agora non tíñamos , precisamos crear un sistema no que os alumnos as familias e o profesor poidamos  comunicarnos da mellor forma posible. 
As recomendacións da Consellería son que esta comunicación debería facerse a través da páxina web do centro, do blog da aula ( xa que está aloxado na páxina do colexio) e do sistema Abalarmóbil.
Sei que en moitos casos pode parecer complicado, pero tendo en conta a situación na que nos atopamos, temos que facer un pequeño esforzó para conseguilo e entre todos  solventar esta situación.
Ademáis , estiven pensando , en crear un grupo de WhatsApp para intentar que a comunicación sexa máis fluida e nalgún momento facer videochamadas para falar ou aclarar dúbidas cos nenos.
Nun principio, todos teñen traballo de repaso para esta semana de Matemáticas, facer o diario e a lectura e resumo do libro da biblioteca  , pero irei poñendo distintas actividades , recomendacións etc etc no blog, abalar e agora tamén polo  grupo que vos comento.
Un saúdo Antonio Fdez Jácome.

Actividades de Apoio da Mestra María.

Recomendacións de exercicios de comprensión lectora da profe María para os seus alumnos de 3º.

Comprensión Lectora.

Actividades de Plástica.

Bo día , que tal estades.?
Como recomendación da profe Silvia , invítovos a que realicedes unha manualidade referida a "Easter" (Pascua). Tedes que decorar un ovo o un coelliño de Pascua como vos queirades.
Cando xa o teñades feito podedes envialo ao correo do blog ou o da profe Silvia , como prefirades.
silviaap84@hotmail.com

martes, 17 de marzo de 2020

Informacion Covid-19

Problemas de matemáticas.

Bo día. Poño unha serie de problemas de matemáticas, xa que hai alumnos que non levaron o material impreso que entreguei no cole. NON É OBRIGATORIO NIN RECOMENDABLE FACER TODO, é distinto material para que teñades recursos. Todo os exercicios entregados son de repaso polo que non deberían ter problemas a hora de facelos. Para calquera aclaración ou dúbida escribideme o correo   : ascronicasdoval@gmail.com

luns, 16 de marzo de 2020

Como organizar o día.

Non poder ser estar todo o tempo traballando, tamén temos que buscar momentos de ocio.
Un exemplo de organización podería ser esta.

Diario Semanal.


Dentro das actividades que podemos realizar estes días, moi beneficiosas tanto para Lingua Galega como para Lingua Castelá ,  unha sería a elaboración dun Diario onde os alumn@s poden ir anotando ao longo do día ou a última hora deste as distintas actividades que levaron  a cabo na xornada, como contar como se sinten  por estar tanto tempo no fogar.

Poden empregar unha libreta vella que teñan por casa a poder ser  de dúas liñas.

Aspectos a ter en conta:
              - Procurar facer frases de dificultade moderada. Teñen que empezar a redactar frases un pouco complexas.
              - Controlar a caligrafía e a ortografía. Sen presas, facendo fincape´en facer boa letra.
              - Podemos aproveitar  calquer película que vexa para  facer un pequeno resumo dela.
              - Importante poñer a data do día.

Non deberíamos ser esixentes na cantidade a escribir , é dicir, poden poñer moito do que fixeron pola tarde e menos do que fixeron pola maña ou o revés.
 Rematar o día cun debuxo referente a algo da xornada.( Peli, debuxos da tele , xogando cos irmáns.)

Colaborar na casa.

Seguramente me teredes escoitado moitas veces dicir que un neno cun grado de autonomía alto mostrarase moito máis seguro no día a día e na adquisición de novos contidos.
Está demostrado que darlle responsabilidades a un menor fai que este adquira un nivel de autoconfianza que repercute no resto de actividades nas que se implica, xa sexan escolares ou de relación cos seus iguais ou maiores.
Lóxicamente , falamos de darlle autonomía en cousas adaptadas a súa idade.
Debido a esta situación extraordinaria temos a necesidade de estar moito tempo na casa polo que é un bo momento de facelos partícipes en algunhas das tarefas  domésticas.
Hai tedes unhas recomendacións diferenciadas por idade.



PD: Se nos atopamos con algún nen@ que ten un grado de autonomía baixo é recomendable comezar con actividades que esten por debaixo da súa idade para logo ir incrementando o nivel de forma progresiva.


Cuarentena 1.

Bo día , estimadas familias.
Como estades vendo tocounos vivir unha situación coa que moitos , eu o primeiro , non contábamos nin podía chegar a imaxinarme. Sendo esta realidade  nova para todos , agora doume conta que no relacionado co “académico” temos unha dependencia moi grande do aspecto presencial. Por moito que nos queiran vender os nosos políticos dicindo que agora temos que continuar co “teletrabajo” non se dan conta que en moitas casas , a día de hoxe , non hai un ordenador que permita este tipo de labores e no caso de habelo a conexión a internete  , no rural ,  é malísima.
Sen que isto sirva coma disculpa teño pensado comunicarme con vós a través da aplicación “abalarmóbil” e ir colgando consellos, actividades algún material  etc etc no blog da clase xa que no abalar no permite colgar documentos Word nin Pdf.
E moti@s vos preguntaredes o por que´ non emprega o whassap? Por unha sinxela razón. Todo o relacionado coa clase , cos alumnos e comunicación coas familias ten que ser a través da plataforma da consellería ou , no caso do blog, nun lugar habilitado dentro da páxina web do cole.
Comento esto porque sei que vos tedes un grupo entre pais/nais e sempre podedes comunicar as novas que eu poña no blog ao  resto das familias.
Un saúdo  e ánimo.