Estimadas familias.
Como xa vos enteraríades o estado de cuarentena vaise prolongar durante dúas semanas máis.
En esta situación vémonos na necesidade de crear unha conexión entre as familias e o mestre que ata agora non tíñamos , precisamos crear un sistema no que os alumnos as familias e o profesor poidamos comunicarnos da mellor forma posible.
As recomendacións da Consellería son que esta comunicación debería facerse a través da páxina web do centro, do blog da aula ( xa que está aloxado na páxina do colexio) e do sistema Abalarmóbil.
Sei que en moitos casos pode parecer complicado, pero tendo en conta a situación na que nos atopamos, temos que facer un pequeño esforzó para conseguilo e entre todos solventar esta situación.
Ademáis , estiven pensando , en crear un grupo de WhatsApp para intentar que a comunicación sexa máis fluida e nalgún momento facer videochamadas para falar ou aclarar dúbidas cos nenos.
Nun principio, todos teñen traballo de repaso para esta semana de Matemáticas, facer o diario e a lectura e resumo do libro da biblioteca , pero irei poñendo distintas actividades , recomendacións etc etc no blog, abalar e agora tamén polo grupo que vos comento.
Un saúdo Antonio Fdez Jácome.
Ningún comentario:
Publicar un comentario