Bo día , estimadas familias.
Como estades vendo tocounos vivir unha situación coa que moitos , eu o primeiro , non contábamos nin podía chegar a imaxinarme. Sendo esta realidade nova para todos , agora doume conta que no relacionado co “académico” temos unha dependencia moi grande do aspecto presencial. Por moito que nos queiran vender os nosos políticos dicindo que agora temos que continuar co “teletrabajo” non se dan conta que en moitas casas , a día de hoxe , non hai un ordenador que permita este tipo de labores e no caso de habelo a conexión a internete , no rural , é malísima.
Sen que isto sirva coma disculpa teño pensado comunicarme con vós a través da aplicación “abalarmóbil” e ir colgando consellos, actividades algún material etc etc no blog da clase xa que no abalar no permite colgar documentos Word nin Pdf.
E moti@s vos preguntaredes o por que´ non emprega o whassap? Por unha sinxela razón. Todo o relacionado coa clase , cos alumnos e comunicación coas familias ten que ser a través da plataforma da consellería ou , no caso do blog, nun lugar habilitado dentro da páxina web do cole.
Comento esto porque sei que vos tedes un grupo entre pais/nais e sempre podedes comunicar as novas que eu poña no blog ao resto das familias.
Un saúdo e ánimo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario