Tradutor.
luns, 16 de marzo de 2020
Diario Semanal.
Dentro das actividades que podemos realizar estes días, moi beneficiosas tanto para Lingua Galega como para Lingua Castelá , unha sería a elaboración dun Diario onde os alumn@s poden ir anotando ao longo do día ou a última hora deste as distintas actividades que levaron a cabo na xornada, como contar como se sinten por estar tanto tempo no fogar.
Poden empregar unha libreta vella que teñan por casa a poder ser de dúas liñas.
Aspectos a ter en conta:
- Procurar facer frases de dificultade moderada. Teñen que empezar a redactar frases un pouco complexas.
- Controlar a caligrafía e a ortografía. Sen presas, facendo fincape´en facer boa letra.
- Podemos aproveitar calquer película que vexa para facer un pequeno resumo dela.
- Importante poñer a data do día.
Non deberíamos ser esixentes na cantidade a escribir , é dicir, poden poñer moito do que fixeron pola tarde e menos do que fixeron pola maña ou o revés.
Rematar o día cun debuxo referente a algo da xornada.( Peli, debuxos da tele , xogando cos irmáns.)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario